Sunday 07 de July de 2024

Arde un vehículo na urbanización Riotorto, na parroquia de San Xoán, en Carballo


Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Carballo foron alertados hoxe, domingo 23 de xuño, ás 00:45 horas, dun vehículo ardendo na urbanización Riotorto, na parroquia de San Xoán, en Carballo.
Procedeuse á extinción do mesmo cunha mangueira de carrete de alta presión da motobomba. A rúa Syra Alonso cortouse ao tráfico. Rematouse o servizo ás 01:15 horas.
Acuden ao lugar dos feitos, ademais dos bombeiros, dúas patrullas da Policía Local de Carballo, unha patrulla da Garda Civil e a citada motobomba con dous axentes do SMPC de Carballo.
Non se lamentaron danos persoais.